O PP pide melloras no Espiñedo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Grupo Municipal do Partido Popular,  somete ó Pleno da Corporación Municipal presente  MOCIÓN  que deberá de incluírse expresamente como punto da orde do día da primeira sesión que se convoque. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Exposición de Motivos 

No Carballiño e na nosa comarca, temos como clube de futbol de referencia, ao CD Arenteiro, que na actualidade compite na terceira División nacional. 

Dende fai moitos anos, o estado do cespede do cmapo de futbol de Espiñedo é lamentable e duramente criticado non só polos equipos que nos visitan ao Carballiño, senón que tamén por parte de toda a afición que acude a ver ao seu equipo cada 15 días, que falan de que parece mentira que un pobo como O Carballiño teña o campo de futbol con estas condicións do seu terreo de xogo, de feito, moi dificílmente se poderá acabar esta tempada xogando os partidos da casa en Espiñedo. 

Tamén o estado das luminarias, dado o seu desgaste, non son o suficientemente potentes para poder xogar os partidos en horarios atractivos para o público e o seu consumo, incluso nos entrenamentos é elevado para o Concello polo tipo de luminiaria. 

Respecto destas luces que iluminan o campo de xogo, xa foi a Deputación Provincial de Ourense quen as financiou xa fai unhs 15 anos e recentemente as instalacións en xeral xa se viron melloradas por importantes aportacións económicas da Deputación Provincial de Ourense, sendo que se fixo unha actuación integral de mellora dos vestiarios e colocáronse cadeiras en toda a grada de tribuna. 

Dendo o Grupo Popular do Concello do Carballiño, entendemos que se debe de actuar de forma contundente nestes dous aspectos que faltan por resolver nas instalacións municipais de Espiñedo, referidas tanto ao estado do terreo de xogo no que se debe de acometer unha obra que non só sexa o cambio da capa vexetal, senón que se chegue a actuar ata na capa de derenaxe e a ser posible, se adxudique coa aobriga do seu mantemento durante os 4 primeiros anos para así garantizar a estabilidade correcta da manta vexetal, así como o cambio de sistema de iluminación a led, para poder presumir non só de equipo e dunha gran afición, senón que tamén poder presumir de recinto deportivo.

Sabemos da sensibilidade que a Deputación Provincial de Ourense ten mostrado nos derradeiros tempos atendendo diversas necesidades de Espiñedo e somos sabedores tamén de que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ten colaborado con algun concello nesta materia, 

E polo que, se somete a votación do pleno o seguinte acordo: 

PRIMEIRO:Que se realice por parte do Concello do Carballiño o proxecto técnico para a unha obra íntegral de renovación do cespede natural de Espiñedo que leve aparelladda un mantemento durante os 4 primeiros anos, así como o cambio de sistema de iluminación a led. 

SEGUNDO: Que se solicite dende O Concello do Carballiño á Deputación Provincial de Ourense e á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a execución das obras de cambio cambio de cespede natural e cambio de luminarias a led. 

TERCEIRO: Se proceda a adxudicar estas obras no menor tempo posible.