ACAUTO e Expourense promoven o 1º salón do Vehículo Ecolóxico de Galicia

A Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.Ou.T.Ou., en colaboración con Expourense, crean en 1º Salón do Vehículo Ecolóxico de Galicia que se celebrará no recinto feiral entre o 8 e o 10 de maio. Esta cita ofrecerá exclusivamente vehículos catalogados como turismo que emitan menos de 120 g/Km de CO2. Participarán os 16 concesionarios asociados a ACAUTO que suman un total de 22 marcas de vehículos que representan o 95% dos fabricantes que operan no mercado nacional.

A organización deste novo salón, o primeiro en Galicia especializado neste tipo vehículos (eléctricos, híbridos ou impulsados por gas licuado), responde á necesidade de responder á desinformación e confusión que ten nestes momentos o potencial comprador á hora de adquirir un vehículo e tamén para responder o cambio de modelo enerxético que está a atravesar agora mesmo o sector da automoción, indican desde ACAUTO.

AVANTAR ACTIVIDADES

As matriculacións de turismos eléctricos (coches e furgonetas con esta consideración) pecharon o ano 2019 cun aumento do 63,4% respecto ao ano anterior, cun total de 10.047 unidades. A pesar do notable incremento respecto ao ano pasado, a proporción de eléctricos segue sendo moi baixa, cunha cota de mercado en torno ao 0,9%. Aínda así, trátase dunha tendencia á alza e o potencial comprador poderá atopar neste salón todo tipo de vehículos ecolóxicos que gastan menos engería, contaminan menos, supoñen o pago de menos impostos e permitirán circular polo centro das cidades.

O 1º Salón do Vehículo Ecolóxico de Galicia convértese así na cuarta cita feiral que ACAUTO coorganizará con Expourense para este 2020. O fin de semana do 15 ao 17 de maio celebrarase a terceira edición do Car Outlet; entre o 16 e o 18 de outubro terá lugar o 12ª Salón do Automóbil Vehículo Novo e o seguinte, o do 23 ao 25 de outubro, o 12ª Salón do Automóbil Vehículo de Ocasión.