Declaración dunha área rexurbe no concello de Ribadavia

O Instituto Galego de Vivenda e Solo vén de recibir a solicitude para a constitución dun grupo de traballo para a declaración dunha Área Rexurbe no Concello de Ribadavia. Cómpre lembrar que esta figura, creada ao abeiro da Lei de rehabilitación e renexeración e renovación urbanas de Galicia, vai máis alá das tradicionais áreas de rehabilitación integral; xa que ademais da rehabilitación edificatoria inclúe medidas de dinamización social, demográfica e económica.

AVANTAR ACTIVIDADES

O IGVS sinala que un dos primeiros pasos que debe abordar cada concello solicitante é a delimitación da área que pretende abarcar; polo que traslada a súa total colaboración ao  Concello de Ribadavia para delimitar o ámbito que abarcará esta Área Rexurbe, así como para asesoralos na presentación da solicitude oficial da mesma.

Este proxecto debe ser aprobado polo Consello da Xunta, polo que a de Ribadavia podería ser a segunda Área Rexurbe que se declare en Galicia, pois o pasado 13 de febreiro declarou á correspondente a Mondoñedo. Cómpre lembrar que o Concello da Coruña tamén indicou a súa intención de solicitar a declaración dunha área Rexurbe e a constitución dun grupo de traballo para a mesma.

Unha vez que o Consello da Xunta declara a área Rexurbe, o Concello de Ribadumia debe redactar un plan de dinamización da mesma, na que se indiquen as medidas a adoptar e actuacións que se deben levar a cabo, o custe estimado das mesmas e as fontes de financiamento, público e privado, para executalas. Para a redacción deste plan de dinamización, o Concello conta cun modelo elaborado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, segundo o establecido na lei de rehabilitación.

Asemade, a Xunta de Galicia apoia este tipo de iniciativas con financiamento, que procederá de diversos departamentos, xa que as actuacións nunha Área Rexurbe son transversais e afectan a competencias de diversos departamentos.