Acto Institucional polo Día Internacional da Muller

CENTROS EDUCATIVOS E ASOCIACIÓNS REINVIDICARON A IGUALDADE REAL ENTRE MULLERES E HOMES NO ACTO INSTITUCIONAL POLO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Publicidade

Profesorado e alumnado dos centros educativos da Uceira, Sagrado Corazón, Vila do Arenteiro, IES nº 1 e IES Chamoso Lamas, así como a escola infantil Trastes, Bo Día Familia, Cruz Vermella, Asdifica e Aspadisi, participaron hoxe no acto institucional con motivo do Día Internacional das Mulleres, no que interviñeron o acalde Francisco Fumega e a concelleira de Igualdade, Guadalupe Sobrado, que diu lectura a un manifesto.

O acto, ao que asistiron representantes da Garda Civil e Policía Local, así como concelleiros e concelleiras do grupo de goberno,  foi presentado pola profesora do IES Chamoso Lamas e integrante do grupo de teatro Dar Trela, Clara Vázquez, e contou coa colaboración da profesora do Conservatorio Celia Salceda e Alba González, que interpretaron dúas cancións.

Foi significativo que por primeira vez en moitos anos non houbera representantes da Oposición nos actos. Os incidentes do último Pleno Municipal tiverón esta consecuencia