A Xunta non protexe aos seus traballadores

NOTA PRENSA CIG AUTONÓMICA

A Xunta non escoita aos delegados de prevención

Publicidade

O día 5 de marzo 2020 solicitamos a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Intercentros para acordar a implantación de medidas de prevención de riscos perante a infección do COVID 19 no ámbito laboral da Xunta de Galiza. A resposta da Xunta foi convocarnos para o día 17 de marzo.
Nesa mesma data tamén solicitamos a reunión do resto de Comités de Seguridade e Saúde Laboral. No caso do Edificio Administrativo de Ourense aínda non comunicaron a data prevista da reunión.
Ante a evolución da epidemia nos últimos días e as medidas adoptadas o día 9 polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, do que forman parte o Ministerio de Sanidade e as CCAA e para salvagardar a saúde dos traballadores da Xunta de Galiza o luns 10 marzo desde a CIG reiteramos por escrito outra vez a necesidade de tomar medidas urxentes.
A Xunta non fai nada ante o risco de contaxio do seu persoal e persoas usuarias dos servizos públicos
A día de hoxe a Xunta non implantou medidas específicas de protección fronte este virus infeccioso nos centros de traballo. A Xunta ten na provincia de Ourense máis de 300 centros de traballo que teñen atención ao público e na que prestan servizo máis de 2300 traballadores: oficinas de emprego, oficinas agrarias, oficinas de atención á cidadanía e de rexistro, oficinas de turismo, centros sociocomunitarios, escolas infantíss, residencias de maiores, residencias xuvenis, centros de formación, museos, bibliotecas…
Desde os distintos centros que fan atención ao público, os traballadores chamannos constantemente denunciando ausencia de material como hidroxel, falta de información e falta de medidas organizativas.
Por exemplo no edificio administrativo de Ourense (Casa de Chocolate), onde prestan servizo mais de 300 traballadores, só colocaron 2 dispensadores para todo o edifficio: un alcohol e outro de hidroxel. A media mañá os dispensadores de xabrón dos distintos aseos xa estaba valeiros e non se encheron de novo. Tamén faltaba papel para secar as mans.
O mismos problemas de ausencia de medios hixiénicos repítense por todos os centros de traballo da provincia. Tamén falta de medidas organizativas como remitir aos cidadáns a que fagan as súas consultas por teléfono en lugar de facelo presencialmente ou informar aos usuarios que manteñan distancias mínimas dentro das oficinas evitando aglomeracións.
Agora mesmo hai persoal sensible con maior risco por padecer enfermidades crónicas, en estado de inmunosupresión, pluripatolóxicos, embarazadas, etc para os que non se tomou ningún tipo de medida de proteccion como apartalos da atencion directa ao publico.. Son casos de risco de morte e a Xunta non fai nada.
Dende a CIG instamos á suspensión dos prazos administrativos como no mes de agosto, de xeito que os cidadáns non se vexan afectados nos seus trámites coa administracion mentres dure a crise da pandemia.
Falta de coordinación entre as administracións.
Cada administración, central, autonómica e local actúa pola súa conta. Pode chegar a acontecer que as medidas que se toman para protexer a uns traballadores/as inflúan negativamente noutros.
O día 10 de marzo o Ministerio Política Territorial y Función Pública publicou unha resolución coas medidas para adoptar nos centros de traballo dependentes da Administración Xeral do Estado con motivo do COVID-19.
Así a consecuencia desta resolución a Subdelegación do Goberno de Ourense anunciou que tan só atenderá aos cidadáns que cheguen a través dunha petición de cita previa. Entre os servizos que ofrece aos cidadáns está o de Rexistro.
Esta medida, que parece boa, supón que os cidadáns que veñan sen cita previa, teñan que acudir a calquera outro rexistro cercano como o da oonsellería de Educación na rúa Concello, na de Medio Rural en Florentino Cuevillas ou ao rexistro xeral da Casa de Chocolate. Deste xeito, por tomar medidas sen coordinar e pola innacción da Xunta, acábase poñendo en risco a saúde dos traballadores da Xunta de Galicia.
É necesaria a urxente adopción de medidas
Desde ha CIG xa solicitamos a Xunta a adopción de medidas como:
➢ Medidas específicas para os centros onde hai atención a persoas usuarias con facilidade infección como pode ser as escolas infantís e residencias de maiores, os edificios administrativos, servizos de atención ao publico, oficinas de emprego, as agrarias comarcais, turismo, os rexistros, servizos de información, etc.
Entre estas medias estaría: información só por teléfono, cita previa para rexistro e xestións que só se poidan facer presencialmente (así evítase concentracións de persoas), trámites vía teléfono (renovación de demandas de emprego, etc).
➢ Medidas organizativas e materiais (pantallas protección, dispensadores de hidroxel, separación de espazos, aumento e mellora sistemas ventilación e extracción aire…) para minimizar o risco de contaxio. Medidas de protección individual para o que a Xunta debe aportar os EPIs necesarios.
➢ Realización de teletraballo para todos os postos que sexa posible. Flexibilidade horaria e quendas para reducir as concentracións de traballadores/as. Reunións por videoconferencia.
➢ Establecemento de medidas para que os traballadores con menores ou maiores ao cargo ou con familiares enfermos poidan conciliar tendo en conta o posible peche de centros educativos e centros de día como pasou en Madrid.
➢ Medidas específicas para aqueles traballadores que padecen enfermidades crónicas, pluripatolóxicas ou con estados de inmunosupresión conxénita, persoas especialmente sensibles como as embarazadas, etc e que polas características do seu posto do traballo non poden acollerse a outras medidas
organizativas.
➢ Consideración como accidente laboral a infección por coronavirus.
Denunciamos a deixadez da Xunta e iremos aos tribunais
Esta obriga da Xunta, como responsable da protección do seu persoal, ven perfectamente definida na normativa de aplicación e implica que debe garantir a seguridade e a saúde das persoas traballadoras ao seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo baixo o seu ámbito de dirección. Asi a prevención debe facerse perante un risco potencial e coñecido e de xeito previo, e decir antes de que a infeccion chegue aos centros.
Por iso hoxe valoramos denunciar ante inspección de traballo e acudir ao xulgado para buscar as responsabilidades penais porque os resposnables da Xunta de Galiza non estar a tomar medidas reais para protexer a saude do seu persoal.