Mediante una moción que tamén apoiará Democracia Ourensana nas corporacións locais nas que teña representación
- O secretario xeral do PP de Ourense, Rosendo Fernández, denunciou “a ruindade de Villarino, torpedeando desde o minuto uno da pandemia calquera medida do Goberno provincial pensada sempre no interese xeral de Ourense, e superando calquera límite admisible ao boicotear directamente as axudas destinadas a autónomos e pemes”.
AUDIO ROSENDO FERNÁNDEZ
Os documentos da Subdelegación do Goberno coñecidos a pasada semana, destacou, acreditan que Villarino promoveu o expediente de revisión de legalidade das axudas a través dun requerimento verbal ao subdelegado, actuando ambos como “se a institución fose un cortixo e cun proceder que non figura en ningunha normativa”.
MOCIÓN
O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, anunciou hoxe a presentación nos concellos da provincia de Ourense, xunto a Democracia Ourensana naquelas corporacións locais nas que ten representación, dunha moción para esixir a demisión do deputado socialista Rodríguez Villarino polos seus ataques aos autónomos e pemes ourensáns, así como o cese inmediato do subdelegado do Goberno pola súa falta de transparencia e actuacións viciadas de partidismo. Unha iniciativa, dixo Fernández, que suporá que a maioría dos concellos da provincia “van reclamar a demisión e cese de ambos os dous cargos do PSOE en Ourense polo seu ataque aos que xeran riqueza e emprego na provincia e a utilización das institucións como se fosen un cortixo particular”.
Rosendo Fernández, acompañado polo vicesecretario xeral do PP de Ourense, Jorge Pumar, e polo secretario de organización, Pablo Pérez, denunciou a “ruindade de Villarino, torpedeando desde o minuto uno da pandemia calquera medida do Goberno provincial pensada sempre no interese xeral de Ourense, e superando calquera límite admisible ao boicotear directamente as axudas destinadas a autónomos e pemes”.
Unha conduta irresponsable “que non ten comparación posible no resto do Estado, onde non coñecemos caso semellante, e que ademais arrastra ao seu partido e aos seus representantes públicos nas institucións a unha complexa situación”.
Con todo, dixo o secretario xeral dos populares, Rodríguez Villarino aínda amosa un comportamento de absoluta falta de coherencia, “pois no último pleno do Concello de Ourense manifestou que el estaba cos autónomos e as pemes, pero non así na Deputación cando no pleno extraordinario de abril abstívose con respecto a estas axudas e tampoco cuestionou a súa legalidade”.
Un mesmo asunto “pero diferente sentido do voto, quizáis obrigado pola aparición dos documentos oficiais da Subdelegación do Goberno, relacionados coa apertura dun expediente de revisión da legalidade das axudas, documentos reclamados en dúas ocasión pola Deputación e facilitados tarde e a regañadentes pola Subdelegación do Goberno”.
Neses documentos, subliñou, “queda acreditado que Villarino promoveu ese expediente a través dun requerimento verbal ao subdelegado, como se fose un cortixo propio, requerimento que o subdelegado admite como se esto fose unha república bananera”. A administración “non fala, escribe”, denunciou Rosendo Fernández, que pediu que “alguén me diga en que normativa se atopa esta figura do requerimento verbal”.
Dado que as axudas da Deputación van dirixidas a todos os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, sinalou, o Partido Popular e Democracia Ourensana, esta última formación naqueles concellos onde teña representación, esixirá mediante unha extensa e completa moción, que inclúe doce puntos, a demisión de todos os seus cargos públicos de Rodríguez Villarino e cese inmediato do subdelegado do Goberno, González Afonso.
O primeiro, xa reprobado pola Corporación provincial en decembro de 2019, “pola súa actitude destrutiva, especialmente contra os autónomos e pemes da provincia de Ourense”. O segundo, “por actuar con subordinación ás decisións do seu superior xerárquico na organización política na que milita, causando inseguridade e potenciais efectos económicos adversos a milleiros de ourensáns e por quedar acreditada a falta de transparencia e ocultación de documentos nun procedemento administrativo que afecta gravemente aos intereses da veciñanza provincial”.
A iniciativa complétase co traslado destes acordos ao Goberno central, a representantes das entidades locais e organización empresariais, como ao presidente do Goberno de España, alcaldes e alcaldesas de todos os concellos de Ourense, presidente da FEMP, presidente da FEGAMP, confederacións empresariais de toda España, Galicia e Ourense, ás organizacións de autónomos a nivel nacional, autonómico e provincial, e todas as asociacións empresariais de Ourense de calquera dos 92 concellos.