Os Concellos e as súas competencias

Manuel Nogueira Pérez

Cursou estudos  pola USC en Psicoloxía Social e Ciencias Criminalísticas e do orde Público.
Integrante do Círculo de Podemos no Carballiño, candidato ao senado pola provincia de Ourense nas últimas eleccións estatais, forma parte da actual candidatura ao Parlamento de Galicia  por Galicia En Común.

AVANTAR ACTIVIDADES

Profesor de pasantía de matemáticas financieiras, fiscalidade e loxística.

Artigo: ” Os Concellos e as súas competencias

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións se van pasando a pelota das competencias e as responsabilidades sobre determinados asuntos.

Certo é que todo o que teña que ver co eido municipal ven recollido na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local (LrBRL) no ano 1985, e  no Real Decreto Lexislativo 781/1986.

Pero, ¿son suficientes estas dúas leis para poder funcionar correctamente a dinámica municipal?

Dada a irrupción da informática á hora da tramitación de información, expediente e no xeito de relacionarse o público cos concellos, as administracións máis cercanas á veciñanza, ¿deberiamos cando menos reformar esta lexislación?

¿Teñen os concellos total independencia en certos aspectos como recolle a Lei de bases, ou simplemente só se cita esta independencia na autorregulación interna, organigrámica sin que por iso os concellos poidan regular máis aló do que diputacións, gobernos autonómicos ou o goberno central lles permitan ben por cesión ou ordenación?

Certa é que as competencias e esa suposta independencia dos concellos pode quedar un pouco en entredito á hora de ver as limitacións tanto administrativas como lexislativas que se atopan tanto os propios dirixentes municipais como a veciñanza que acude a estas institucións.

Tras a elaboración da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local (LrBRL) no ano 1985, coa conseguinte refundición das normas que supuxeron o Real Decreto Lexislativo 781/1986 e a desaparición do Instituto de Estudios da Administración local, no noso país centráronse forzas e fondos en artellar unha estructura autonómica esquecéndose da administración máis cercana á veciñanza: os concellos.

Este esquecemento vese evidente cando as políticas financieiras e decisións de rango competencial as CC.AA. exercen un excesivo control fronte a capacidade de obrar dos concellos.

Moitos alcaldes e alcaldesas ao longo das últimas catro décadas teñen invertido moito tempo nos despachos autonómicos e estatais na procura de milloras, investimentos e subvencións, a maioría das veces para dar servizos que se teñen derivado inxustamente nos concellos pero que en ningún momento se derivaron fondos nin medios asociados para cubrir ditos servizos.

Tamén vemos como ese abandono do municipal é palpable dende as propias administracións superiores, pois non existe representación específica nas institucións que tramitan as leis e lle dean un enfoque local, salvando a Comisión de Entidades Locais do Senado. Esto fai que as veces as normas xerais non teñan a efectividade e o rigor preciso cando regulan a organización da administración local. Mostra de iso é, por exemplo, a cita que fai o artigo 31.4 c. da Lei 19/2013,  de un órgano inexistente nos gobernos municipais:

“4. La competencia para la imposición de sanciones corresponderá:

a) Al Consejo de Ministros cuando el alto cargo tenga la condición de miembro del Gobierno o Secretario de Estado.

b) Al Ministro de Hacienda y Administraciones Públicas cuando el responsable sea un alto cargo de la Administración General del Estado.

c) Cuando el procedimiento se dirija contra altos cargos de las Comunidades Autónomas o Entidades Locales, los órganos que tengan atribuidas estas funciones en aplicación del régimen disciplinario propio de Administraciones en las que presten servicios los cargos contra los que se dirige el procedimiento o, en su caso, el Consejo de Gobierno de la Comunidad Autónoma o el Pleno de la Junta de Gobierno de la Entidad Local de que se trate.”

A esto súmaselle a propia nomenclatura usada e aos termos “Corporacións” ou “Entidades Locais” en vez de usar os máis axeitados “Concellos”, “Gobernos Municipais” ou “Institucións Locais”.

Pretendemos pois coas modificacións que plantexamos mellorar un pouco este distanciamento real que hai da lei con respecto ao funcionamento e necesidades reais dos concellos. E para iso temos que ter moi claro e definidas as competencias estatais e autonómicas no tocante ao Réxime Local.

Partimos do artigo 137 da CE, onde  “ la base de organización territorial del Estado que se establece en Municipios, Provincias y Comunidades Autónomas que gozan de autonomía para la gestión de sus respectivos intereses, garantizándose constitucionalmente a los municipios conforme a lo dispuesto en los artículos 140, así como la suficiencia financiera para la gestión de sus competencias.” Esta definición respira da idea schimittiana da garantía institucional elaborada en Alemaña por Weimar. Esta óptica sempre estivo envolta en polémica, pois ainda que o que se buscaba era delimitar claramente o termo provincia deixa totalmente desdibuxado o verdadeiro alcance da autonomía municipal.

A dificultade de articular e delimitar as competencias dos concellos é moi difícil ao non existir unha lexislación constitucional clara e específica sobre a autonomía municipal.

Tamén se teñen redactado certos intentos de delimitar esas competencias, pois en materia de réximen local, nin o goberno central nin as CCAA poder ter competencias de execución, porque a execución é a propia esencia dos concellos. Pero eso non impide que o goberno central e as CCAA poidan articular vias de cooperación e colaboración.

Pero estas fórmulas de actuación non deben nunca confundirse con técnicas xurídicas obrigatorias ou unha subordinación directa dos concellos. Porque si así foise habería que definir entón ata que punto hai sometemento e ata que punto se busca un control administrativo de esa autonomía local. Este control administrativo é o maior defecto que se lle pode achacar á LrBRL pero que lonxe de interpretarse como unha imposición tense que utilizar como unha ferramenta de control sobre a legalidade de certos actos. Dentro de esa lóxica fiscalizadora deberían darse unha serie de modulaciones que lonxe de afectar a súa rixidez tiñan que buscar mellorar o seu alcance. En este senso é significativo a distinción respecto á suspensión administrativa dos actos locais e a súa consideración como ferramentas de defensa das competencias propias das administracións autonómicas, competencias que non deixan de ser outra cousa que interese supramunicipais.

A LrBRL ten tido multitude de modificacións puntuais, unhas 25, e varios proxectos de reforma. As máis significativas a do ano 1999 e a de 2003. esta última supuxo melloras sustanciais no eido local, pero tamén algún empeoramento en certos temas de control executivas, como o fortalecemento da figura do alcalde que pasa a ter funcións e competencias que ata o de agora viñan sendo do Pleno.

Todo é mellorable.

Esta perda de competencias do pleno só respondía a unha presunta eficacia que non deixa de ser celeridade no millor dos casos e inténtase compensar con unha definición dicotomizada das sesións plenarias: unha primeira parte decisoría e unha segunda de control e fiscalización política ao grupo de goberno.

E chegados a este punto, é de necesaria mención o informe CORA.Un acordo do Consello de Ministros do 26 de outubro de 2012 crea a denominada Comisión para a Reforma da Administración Pública. Esta desencadena na Lei 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira. Unha lei que impón un criterio moi restritivo na evolución do gasto público, o denominado teito de gasto, con incrementos de dito gasto moi por baixo tanto das necesidades sociais como dos propios ingresos públicos, co fin último de ir reducindo e precarizando o peso do público na economía.

De todos estes cambios e modificacións feitas na LrBRL, o modelo que se adoptou para asegurar a suficiencia financieira dos concellos, mencionada no art. 137 da CE, foi o de reducir competencias ( e subsidiariamente dar esas competencias e capacidades ás diputacións) en lugar de ampliar recursos para a a súa financiación.

Cumpre pois, dotar de certo criterio independiente e sobre todo de autoxestión e racionalización interna aos concellos, modificando certos criterios da LrBRL así como derogar distintas leis que van en contra de esa autonomía impositiva que se dá dende outras administracións superiores ( a Lei Orgánica 2/2012 ou a Lei 27/2013 entre outras).

Dende a miña perspectiva, e sendo ainda bastante descoñecedor de certas dinámicas internas no eido municipal, creo que se deberían afrontar modificacións sustanciais e de carácter urxente tanto na Lei de Bases como no R.D. Lexislativo 781/1986, sin que por elo teñamos que deixar atrás outras normativas asociadas a estes entes administrativos como puidesen ser a Lei de facendas Locales, a Lei de Función Pública ou a Lei de Contratos do Sector Público no que ao ámbito municipal se refire.

A finalidade é clara: buscar unha mellora sustancial na visibilización e autoxestión dos concellos.

E en esta lexislatura esta modificación pode darse.

Porque eu creo que é precisa.