O PSDEG-PSOE IMPULSARÁ A REPROBACIÓN DO ALCALDE DE OURENSE

Publicidade

O PSdeG-PSOE vén de anunciar hoxe que impulsará a reprobación do alcalde de Ourense no próximo pleno municipal. Os socialistas consideran que é preciso actuar de inmediato ante “un comportamento inadmisible no ámbito democrático” e, por iso, tamén reclaman ó presidente da Xunta e líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que “dea a cara” e pida ós seus edís na capital ourensá que “retiren o seu apoio” ante o “esperpento e a ineficiencia” de Jácome, que se mantén no cargo exclusivamente grazas ós votos dos conservadores.

Nunha comparecencia ante o consistorio da terceira cidade de Galicia, o secretario provincial dos socialistas, Rafa Villarino, afirmou hoxe que estamos “ante un pacto da aldraxe” no que Jácome é “un títire do PP” a cambio de “manter a Baltar na Deputación e de non presentarse con DO ás eleccións autonómicas”. “Estamos falando dunha persoa letal para esta cidade e que está degradando a Ourense”, insistiu antes de preguntar “como é posible que os representantes do PP non digan nada ante esta situación”.

“Mentres fai esto denigra a vida pública e a toda a cidadanía”, recalcou antes de recordar como Gonzalo Pérez Jácome “atenta contra as mulleres de forma reiterada”, sinalando expresamente ás concelleiras socialistas Natalia González e Juana Ageitos, polo que, anunciou que o PSdeG-PSOE presentará unha moción no próximo pleno para reprobalo.

Na comparencia, na que tamén estiveron concelleiros do grupo municipal e outros cargos electos do PSOE na Deputación, no Parlamento e nas Cortes Xerais, o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou a “pasar páxina” á “rémora da historia”, en referencia a un goberno do PP “que só pode amosar como socios municipais” a Baltar como presidente da Deputación e ao rexedor de Ourense, que cualificou como “o alcalde do esperpento e da indignidade”.

www.psdegpsoeourense.es PSdeGdeOurense Rúa Ribeira de Canedo 24-26, 32001, Ourense | Teléfono: 988 370 386

Partido dos Socialistas de Galicia Ourense

Así o dixo aludindo á intervención do alcalde de Ourense nun pleno municipal, demostrando “un comportamento inadmisible no ámbito democrático”, e que contrasta cos “mellores alcaldes e alcaldesas de toda Galicia” dentro do PsdeG.

Gonzalo Caballero instou a Feijóo a reprobar as actitudes de Jácome e a dar instruccións ao grupo municipal do PP de Ourense para que retiren o seu apoio a este alcalde. Ademais, considerou que se Feijóo non garante a hixiene democrática en Ourense, debería intervir directamente Pablo Casado, toda vez que o alcalde posto polo PP “non está á altura da terceira cidade de Galicia”.

Dirixiuse a “todos aqueles cidadáns que confiaron no PSdeG” nas eleccións xerais e municipais de 2019 para sinalar que “teñen a oportunidade de volve construír unha Galicia de futuro e de progreso a carón dos alcaldes e alcaldesas socialistas”.