Preto da metade dos ourensáns recibiron xa, polo menos, unha dose da vacina fronte á covid-19

Publicidade ASPADISI

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras comeza esta segunda semana de maio con 200.284vacinas administradas e  preto da metade da poboación (49,4%) con ao menos unha dose, no que supón un  estímulo máis para continuar avanzando cara a protección do conxunto da provincia.

Outro dato que move ao optimismo é que preto de 70.000 ourensáns e ourensanas, recibiron xa a pauta completa, o que supón o 37.7% da poboación obxecto desta campaña, maiores de 16 anos. A maioría recibíu o composto de Pfizer, 63.910; 4.776 o de Moderna e 1.238 o monodose de Janssen, que se empregou especialmente entre as persoas dependentes e a domicilio.

Mañá mesmo, 3.100 persoas están a convocadas a acudir a Expourense, para dar inicio á  vacinación dun novo colectivo etario, os menores de 59 anos, proceso que continuará realizandose en grandes recintos, ao igual que as segundas doses da poboación entre 70 e 80 anos, que están citados tamén estes días en Ourense e nos hospitais de Verín e Valdeorras.

Publicidade Premer na Imaxe

Un dos colectivos que se viron mais afectados nas ondas anteriores, os maiores de 80 anos, están xa vacinados na súa práctica totalidade, ao igual que as persoas dependentes ou inmobilizadas, que recibiron a domicilio a vacina, proceso que supuxo un reto  para os equipos de enfermería pola alta dispersión poboacional.

No resto de grupos etarios que están a ser convocados, o proceso avanza a bó ritmo, coa práctica totalidade das persoas de entre 60 e 70 xa cunha dose, tras o importante pulo da semana pasada. Igualmente, hoxe mesmo retomouse a vacinación dos colectivos esenciais, forzas e corpos de seguridade, ensino, etc. Así como do persoal de centros sanitarios e as segundas doses dos pacientes de especial risco.