Campaña de voluntariado de protección civil en Cea

IES CHAMOSO LAMAS
?

 *CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO VOLUNTARIADO DE PROTECCIÓN CIVIL*
Queres facerte *voluntario* e formar parte de Protección Civil?
Adicar o teu tempo libre *de forma solidaria e altruista*, facendo un servizo a sociedade e o teu concello, esta é a túa oportunidade. 
✅Recibirás formación con cursos homologados e gratuitos.    ✅Aprenderás funcións básicas de primeiros auxilios, emerxencias no ámbito familiar, organización de eventos con concentracións de persoas, simulacros de evacuación…✅Participarás de maneira activa nos eventos que se celebren nos concellos, ✅Colaboración coas autoridades de protección civil en accidentes, nevadas, incendios. ✅Aumentarás de forma exponencial as túas relacións sociais e coñecerás a moita xente da gran familia laranxa.?

☎

️INFÓRMATE, se o teu Concello dispón de Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, poderás informarte a través do seu responsable (988 282 000) ou ben chamando os teléfonos 988 386 055 ou 988 386 134.  
Esta campaña tamén vai dirixida os Concellos que a día de hoxe non dispoñen de Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, recordándolle as grandes vantaxes que suporía para o seu municipio dispor dunha AVPC, seguindo uns sinxelos trámites administrativos.
➡️Acordo do pleno do concello aprobando a súa creación. ➡️Aprobación dos estatutos da AVPC. ➡️Elección dunha Xunta Directiva. 
Non o dubides e ÚNETE A GRAN FAMILIA DE PROTECCIÓN CIVIL.