O Centro Sociocomunitario oferta unha xornada sobre fraudes e obradoiros de limpeza no fogar e costura

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro Sociocomunitario do Carballiño organiza tres novas actividades este verán. A primeira delas consisitirá na xornada “Como detectar e defenderse das estafas telefónicas”, que terá lugar o 14 de xullo, ás 11,30 horas, e na que se ofrecerán consellos prácticos para identificar posibles fraudes e saber como actuar ante este tipo de situacións.

O 13 e o 15 de xullo, de 10,00 a 13,00 horas, terá lugar o obradoiro “Elaboración de produtos de limpeza naturais para o fogar”, no que as persoas participantes aprenderán a elaborar produtos de limpeza ecolóxicos, eficaces e libres de químicos para o uso doméstico.

Por último o 17, 19 e 20 de agosto, e de 10,00 a 12,30 horas, desenvolverase un curso de costura básica e arranxos, orientado a aprender nocións básicas de costura e a realizar pequenas reparacións e adaptacións de pezas de roupa.

Todas as actividades están finaciadas pola Fundación Acolle e son gratuítas pero contan con prazas limitadas, polo que a inscrición deberá realizarse presencialmente no Centro Sociocomunitario do Carballiño, onde as persoas interesadas poden solicitar máis información sobre esta programación.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------