A TENENTE DE ALCALDE DO CONCELLO DE BEADE ENVÍA UNHA MENSAXE DE TRANQUILIDADE AOS SEUS VECIÑOS LOGO DE CONFIRMAR HAI DOUS DÍAS O SEGUNDO CASO POSITIVO DE CORONAVIRUS
Onte, os efectivos do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia, estiveron traballando en Beade despois de que o propio concello xa comezara a desinfectar e tomar medidas mais estrictas para controlar que non houbese mais contaxios. De todos os xeitos, a tenente de alcalde, Susana Fernández, enviou unha mensaxe de tranquilidade aos seus veciños xa que dí que o risco de contaxio, con todas as medidas que están tomando, é moi baixo.