A Deputación homenaxea as victimas e os sanitarios da pandemia

O Pazo Provincial, a sede da Deputación de Ourense, exhibe desde hoxe as súas bandeiras a media hasta e lucirá desde esta noite loces verdes na iluminación do edificio, en honra ás vítimas do coronavirus (Covid-19) e como homenaxe ao persoal sanitario. Así o deu a coñecer esta tarde o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, quen manifestou que o principal edificio de Ourense, ?o que representa a todos os habitantes da provincia, expresa así o recoñecemento dos ourensáns ao sufrimento que están a padecer miles de familias en todo o territorio nacional, e á vez, o inmenso agradecemento aos profesionais do ámbito sanitario polo seu labor solidario e de máxima entrega nuns momentos tan difíciles?.

Publicidade

A Deputación de Ourense convértese na primeira institución pública de Galicia en adoptar esta iniciativa, ?que é máis que un símbolo: significa o recoñecemento ao traballo ímprobo que están a realizar médicos, persoal de enfermaría e auxiliares, persoal de limpeza, transportistas, e tamén as forzas e corpos de seguridade do Estado e todos os profesionais que estes días están a demostrar a importancia de que prevaleza o ben común por encima de todo?, e á vez, expresa, ?queremos que esta medida sexa un xesto de profundo respecto e condolencia por todas as persoas falecidas e por aquelas que neste momento padecen a enfermidade, e polas súas familias, para acompañalas nestes difíciles momentos e darlles ánimos porque sairemos adiante, e coa unidade de todos volveremos recuperar a normalidade social do noso pobo?, afirma Manuel Baltar.

Desde o punto de vista de cooperación e loita contra a crise do virus, a Deputación de Ourense comprou 36.000 máscaras e 43.000 pares de luvas, xunto a 500 litros de xel desinfectante, que serán repartidos entre concellos e entidades da provincia de Ourense, unha medida validada polo Comité de Seguimento do Coronavirus da Deputación, e que forma parte da estratexia de colaboración coa Xunta de Galicia. A petición de axuda foi formulada polo Posto de Mando Avanzando (PMA) en Ourense.

Hoxe mesmo, a Xunta de Goberno da institución provincial celebrou a súa primeira reunión telemática da súa historia, na cal o presidente Baltar informou as medidas que está implementando a Deputación de Ourense fronte a esta crise e das iniciativas aprobadas polo Comité de Seguimento do Coronavirus, así como da potenciación da teleasistencia na provincia de Ourense e da estratexia de colaboración coa Xunta de Galicia, en concreto no relativo á compra de material sanitario, sendo a única deputación galega en destinar un orzamento a este ámbito.

Baltar tamén se referiu á creación do denominado ?Comité do Día Despois?, -que o pasado martes celebrou a súa reunión constitutiva por videoconferencia-, unha iniciativa pioneira en España, impulsada polo presidente Baltar e que ten como obxectivo planificar a saída económica da crise do coronavirus inmediatamente despois de que se levante o estado de alarma decretado en todo o Estado. Neste encontro telemático participaron representantes dos ámbitos institucional, empresarial e económico da provincia de Ourense para pór en común medidas que se activarán desde o minuto uno do retorno á normalidade social, para poder favorecer entre todos e por medio dun traballo conxunto e coordinado o relanzamento económico, un labor que se fará ?da man dos autónomos, os empresarios e do tecido produtivo da provincia de Ourense?, detallou Manuel Baltar.