A Deputación de Ourense aproba axudas para entidades sociais por importe de 300.000 euros

IES CHAMOSO LAMAS

Estas medidas, enmarcadas na estratexia do goberno provincial para facer fronte á crise do coronavirus, irán destinadas a 18 entidades e foron aprobadas hoxe en Xunta de Goberno extraordinaria

A Xunta de Goberno extraordinaria da Deputación de Ourense aprobou hoxe, na súa reunión telemática, presidida por Manuel Baltar, destinar un orzamento de 300.000 euros destinado a asociacións e entidades do ámbito social da provincia de Ourense, dentro da estratexia que está a levar a cabo o goberno provincial para facer fronte á crise do coronavirus ( Covid-19). O obxectivo destas axudas é potenciar as actividades relacionadas coa atención urxente ou as que estean relacionadas ou derivadas da crise sanitaria do Covid-19, dada a excepcional situación e os prexuízos que está a ocasionar e as situacións de risco nas persoas socialmente máis vulnerables, quen precisa dunha resposta rápida e adecuada por parte das institucións en forma de medidas paliativas dos efectos negativos desta crise

OZOCOgz Deseño Galego

Neste sentido, a Deputación de Ourense considera especialmente necesaria a colaboración coas entidades privadas sen ánimo de lucro dedicadas á asistencia social na nosa provincia. Estas entidades están directamente en contacto coas persoas afectadas e dispoñen xa de redes de atención ás persoas especialmente vulnerables, así como de mecanismos áxiles de resposta dinámica fronte ás demandas de asistencia social que se van presentando.

Serán subvencionables os gastos de prestación de servizos de asistencias no fogar a persoas especialmente vulnerables ao Covid-19; os servizos a domicilio de subministración de alimentos, bebidas, medicinas ou outros bens de primeira necesidade a persoas especialmente vulnerables ao Covid-19; e a asistencia social a estas persoas a través de casas de acollida ou servizos análogos.

As entidades beneficiarias das axudas e contías son as seguintes:

ENTIDADE Cuantía de axudas a entidades sociais COVID-19
FUNDACIÓN JUANSOÑADOR 15.000
ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO OURENSE 20.000
SOCIEDAD DE SAN VICENTE DE PAUL DE ESPAÑA 15.000
FUNDACIÓN RENAL ÍÑIGO ALVAREZ DE TOLEDO 12.500
ALCER OURENSE 10.000
ASOCIACIÓN DE VIUDAS MARÍA ANDREA 10.000
ASOCIACIÓN DE PERSONAS SORDAS DE OURENSE 10.000
ATOX 15.000
CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ” O VISO” 25.000
CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS 12.500
ASOCIACIÓN FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHEIMER OURENSE. AFAOR 15.000
ASOCIACIÓN BANCO DE ALIMENTOS DE OURENSE 30.000
ASOCIACIÓN DIABÉTICA AURIA 10.000
ASOCIACIÓN DE ENFERMOS DE CROHN E COLITE ULCEROSA 10.000
ASOCIACIÓN REDMADRE OURENSE 15.000
FUNDACIÓN DE SOLIDARIEDADE AMARANTA 15.000
CRUZ VERMELLA OURENSE 30.000
CÁRITAS DIOCESANA DE OURENSE 30.000