O Comité do Día Despois propón crear un Plan Reactivamos en Ourense para dinamizar a economía da provincia tras a crise do Covid-19. Así o acordou hoxe na súa segunda reunión -celebrada por videoconferencia-, tras a cal, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo que se están analizando datos e informes sobre o impacto da crise na economía ourensá, e con esa base poderanse planificar axudas directas e liñas de financiamento, coa vista posta no segundo semestre de 2020.

No encontro no que se abordou o resultado dalgunhas enquisas realizadas entre os empresarios ourensáns por mor da crise económica xerada pola pandemia. Manuel Baltar dixo ao termo da reunión:Facemos nosas as principais preocupacións, que teñen que ver, no ámbito do comercio, cos gastos fixos, as cotas dos autónomos e os alugueres, nun momento no que estamos moi preocupados -e é a prioridade- pola saúde das persoas, pero non podemos esperar para planificar a recuperación económica, expresou.

Precisamente, Baltar anunciou hoxe a creación por parte do goberno provincial dun caixa de correos telemático que recollerá propostas de reactivación económica para trasladarllas ao Comité do Día Despois. Baltar afirma que esta medida ten como obxectivo que as entidades, colectivos, empresas, asociacións e autónomos dispoñan dunha canle directa ao que facer chegar as súas iniciativas, co obxectivo de coordinar as liñas de actuación e poder ser eficaces desde o minuto uno en que se levante o estado de alarm, afirma o presidente do goberno provincial. As suxestións pódense enviar desde hoxe á conta de correo electrónico: comitediadespues@depourense.es, que disporá tamén dun apartado na web da Deputación de Ourense.

O presidente do goberno provincial afirma que a situación empresarial é, en moitos casos, dramática e para analizala avanzou que mañá espera ter os resultados dun informe realizado especificamente sobre esta problemática polo Observatorio Económico Ourensán sobre o impacto económico da pandemia nos indicadores que reflicten o diagnóstico da provincia a nivel do territorio no seu conxunto e tamén de cada concello.

Neste sentido, dixo que é necesario pór negro sobre branco cales van ser as axudas de todas as administracións e coñecer as necesidades dos empresarios e dos autónomos e pensar así en axudas directas e en liñas de financiamento, para o que xa estamos a traballar desde a Deputación de Ourense con entidades como Abanca para idear un Plan Reactivamos que sirva para dinamizar a economía da provincia no segundo semestre de 2020?, comenta Baltar.

A próxima reunión do comité será o vindeiro mércores, e nela analizaranse os datos económicos que está a arroxar a crise económica no ámbito empresarial. Sobre a base dos informes e das necesidades iremos vendo a dispoñibilidade por parte das administracións para poder concretar axudas, remarcou, e afirmou que hoxe mesmo coñeciamos que a Comisión Europea está a planificar destinar un importante montante económico para paliar esta situación de desemprego, que na provincia de Ourense xa se achega aos 14.000 desempregados máis desde que se iniciou a crise, con eses ERTEs, que exceden os 3.400 e que son unha preocupación importante e que neste momento, para nós, é unha prioridade; polo menos, ter a posibilidade dunha voz única, saber que precisa o territorio, e canalizar as axudas que se poidan implementar.

Neste sentido, Baltar destaca que é necesario ?clarificar todo este escenario, completalo cos datos que faltan, e despois dispor a estratexia que sexa pertinente para liquidar e lanzar esa mensaxe de optimismo e de recuperación económica?, comentou o presidente.

Na reunión participaron, ademais de Manuel Baltar, a presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense, Marisol Novoa; a presidenta das empresarias de Ourense, María Cabanelas; o presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense, David Martínez; a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez; o presidente de Sogarpo, Artur Yuste; o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, José Antonio Rodríguez; o director territorial de Abanca, Rubén Saavedra, e o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.