Espazo Común propón que o Concello adquira 30000 máscarillas

ESPAZO COMÚN PROPÓN QUE O CONCELLO DO CARBALLIÑO ADQUIRA 30.000 MÁSCARILLAS PARA GARANTIR A PROTECCIÓN DE TODA A VECIÑANZA ANTE O COVID-19 CANDO REMATE O CONFINAMENTO

A medida que tería un custo duns 10.000 € solucionaría unha das grandes preocupacións actuais dos cidadáns que se ven en dificultades para a súa adquisición.

AVANTAR ACTIVIDADES

Propoñemos tamén a creación dunha Oficina Municipal de Información, Prevención e Loita contra o COVID-19.

Na liña de traballo que Espazo Común está a seguir dende que comezou esta grave crise sanitaria que nos está a atacar con dureza, continuamos a por enriba da mesa propostas que consideramos factibles e de gran utilidade para o cidadán do Carballiño.

Atendendo a que as cifras de contaxiados comezan a descender grazas aos efectos do confinamento e, polo tanto, amosase útil a estratexia de diminuir o contacto entre persoas para evitar a súa propagación, faise necesaria a previsión de medidas que van ser imprescindibles unha vez sexa posible levantar as situacións derivadas do estado de alarma.

Demandamos ao Concello do Carballiño que se anticipe á circunstancia e garanta que cada veciño e veciña da nosa vila poida contar con mascarillas de protección para cando se poida saír á rúa, pois semella que este elemento vai a ser imprescindible, polo menos durante algunhas semanas máis.

A adquisición e distribución de 30.000 destas, tería un custo de só uns 10.000 € para o Concello e suporía un gran alivio para moitas familias que  teñen dificultades para conseguilas, convertindo así a O Carballiño nunha vila máis segura.

Asemade dentro das medidas nas que Espazo Común está a traballar dentro do Plan O Carballiño CON-VIDA 20, tamén imos solicitar a creación dunha Oficina Municipal de Información, Prevención e Loita contra o Covid-19.

O obxectivo desta debe ser dar toda a atención posible á cidadanía, contando cun teléfono único para asesorar a calquera que o precise en máteria sanitaria, de protección social ou posibles solucións a problemas económicos derivados desta crise.