O PsdeG-Psoe de Ribadavia critica a decisión da dupresión dunha hora gratuita no aparcadoiro da Alameda

O PSDEG-PSOE DE RIBADAVIA DENUNCIA O ERRO “MAIÚSCULO” DO PP TRAS APROBAR POLA “PORTA DE ATRÁS” A SUPRESIÓN DUNHA HORA GRATUÍTA NO APARCADOIRO DA ALAMEDA

Os e as socialistas consideran un erro “maiúsculo” a decisión do rexedor, César Manuel Fernández, e o seu equipo ao aprobar en xunta de goberno a redución da gratuidade de dúas horas a unha

AVANTAR ACTIVIDADES

Afirman que esta decisión tomada de forma totalmente “sectaria e arbitraria”, supón un “duro” golpe para o comercio local e acusan aos populares de actuar “pasando o rodillo, escudándose nunha maioría absoluta, que xa parece que se lles subiu á cabeza”

Ribadavia, 8 de xaneiro de 2024. O PSdeG-PSOE de Ribadavia denuncia o “sectarismo” do goberno municipal do Partido Popular a hora de aprobar medidas pola “porta de atrás” e sen informar aos grupos da oposición. Os e as socialistas consideran un erro “maiúsculo” a decisión do rexedor, César Manuel Fernández, e o seu equipo de aprobar en xunta de goberno a eliminación dunha hora gratuíta no aparcadoiro municipal da Alameda.

Dende o grupo municipal socialista afirman que esta decisión tomada de forma totalmente “sectaria e arbitraria”, supón un “duro” golpe para o comercio local e acusan aos populares de actuar “pasando o rodillo, escudándose nunha maioría absoluta, que xa parece que se lles subiu á cabeza”. Os e as socialistas sinalan que “reducir de dúas horas a unha a gratuidade do aparcadoiro, fará que o tempo para as compras sexa escaso”.

Cabe lembrar que a implantación de dúas horas gratuítas no aparcadoiro municipal foi unha iniciativa do PSdeG-PSOE de Ribadavia coa que buscaban fomentar as compras no comercio local e de proximidade. “Unha medida que se levou a pleno e que se debateu co resto de grupos políticos, algo que botamos en falta nesta ocasión, xa que se tomou a decisión con aleivosía e sen contar con ninguén”.

“A veciñanza, os usuarios do aparcadoiro e os comerciantes xa nos trasladaron as súas queixas ante unha decisión que consideran errónea e que supón un novo golpe para o comercio local de Ribadavia”, afirman dende o PSOE. Os e as socialistas tamén apuntan que a situación comercial na vila “empeorou de forma notoria nos últimos meses, co peche de varios locais por xubilación e outros debido a mala situación económica que padece a vila”.

“Consideramos que deberían ter consultado esta decisión cos grupos da oposición e coa asociación de comerciantes, que non creemos que estean pola labor de aceptar unha medida prexudicial para os seus asociados e asociadas”. Ante esta situación, dende o PSdeG-PSOE de Ribadavia esíxenlle ao PP que “recúe de xeito inmediato e que se sente a falar coas partes implicadas antes de tomar decisións que supoñen un severo varapau para a vila e as súas xentes”.