A Xunta envia 134.418 unidades de material a 172 centros sociais

A XUNTA ENVÍA 134.418 NOVAS UNIDADES DE MATERIAL DE PROTECCIÓN A 172 CENTROS SOCIAIS DA PROVINCIA DE OURENSE

  • En total, foron 51.800 luvas, 72.406 máscaras cirúrxicas e 156 batas plásticas, así como diverso material de produtos de desinfección e limpeza
  • Esta achega súmase á enviada a semana pasada, cando se repartiron un total de 164.419 equipamentos entre este tipo de centros

A Xunta de Galicia vén de enviar 134.418 unidades de material de protección individual a 172 centros sociais da provincia de Ourense para loitar contra o coronavirus. En conxunto, foron 51.800 luvas, 72.406 máscaras cirúrxicas e 156 batas plásticas, así como diverso material de limpeza e desinfección (52 botes de xel hidroalcohólico e 807 garrafas de 5 litros de desinfectante).

AVANTAR ACTIVIDADES

Asemade, este último envío inclúe a entrega de 156 unidades de mandís plásticos, 2.600 gorros e 7.300 calzas que se fará a semana que vén.

Esta partida súmase á enviada a semana pasada, cando se repartiron un total de 164.419   unidades de protección individual entre 168 centros deste tipo. Daquela, repartíronse 60.400 luvas, 98.061 máscaras cirúrxicas, 1.523 batas de plástico e a mesma cantidade de mandís, 512 pantallas de protección ocular, 1.800 gorros e 600 calzas.  Este reparto tamén incluíu 1.194 botes de xel hidroalcohólico e 497 garrafas de 5 litros de desinfectante.

A Xunta reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, subliña que o Goberno galego quere garantir a axeitada protección dos profesionais que traballan nestes centros na atención e coidado dos colectivos máis vulnerables ao contaxio por coronavirus. Por iso, anuncia que a intención da Administración autonómica é continuar efectuando futuros repartos de material de protección aos centros sociais e facelo con carácter periódico