APROBACIÓN DOS PERÍODOS VOLUNTARIOS DE COBRO PARA AS TAXAS DA AUGA, DEPURACIÓN E SUMIDOIRO, DO 1º, 2º, 3º E 4º PERIODO DO 2020 DOS PADRÓNS XESTIONADOS POR VIAQUA SAU:
Estes períodos son:
. 1º período do 2020: do 05/05/2020 ao 30/06/2020
. 2º período do 2020: do 05/08/2020 ao 30/09/2020
. 3º período do 2020: do 05/11/2020 ao 30/12/2020
. 4º período do 2020: do 15/01/2021 ao 26/02/2021
Para calquera información sobre a facturación e demais cuestións relacionados cos padróns da Taxa de auga potable, sumidoiro e depuración, poderá realizarse a través das diferentes canles que pon a disposición dos usuarios a empresa concesionaria VIAQUA SAU.
Estes padróns fiscais manteranse dispostos aos usuarios con quince días de antelación ao inicio do período de cobro e por período dun mes.
Ao abeiro do disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, contra as liquidacións comprendidas nos padróns poderá formular o interesado recurso de reposición, anterior ao contencioso-administrativo, ante o alcalde no prazo dun mes a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública dos padróns.
En cumprimento do artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o presente edicto publícase para advertir que as liquidacións polo tributos e exercicios referenciados se notifican colectivamente, entendéndose realizadas as notificacións o día que remata a exposición ao público dos padróns.
–Medios de pagamento: diñeiro de curso legal.
-Lugares de pagamento para o recibos de auga xestionados por VIAQUA SAU: mediante domiciliación bancaria ou para máis información en calquera oficina de VIAQUA SAU.
Transcorridos os prazos sinalados como períodos de pagamento voluntarios, as débedas serán esixidas polo procedemento executivo e deveñaranse as recargas correspondentes, xuros de mora e, no seu caso, as custas que se produzan:
A recarga executiva será do 5 por 100 e aplicarase cando se satisfaga a totalidade da débeda non ingresada en período voluntario antes da notificación da Providencia de constrinximento. A recarga de constrinximento reducida será do 10 por 100 e aplicarase cando se satisfaga a totalidade da débeda non ingresada en período voluntario e a recarga antes da terminación do prazo previsto no artigo 62.5 da Lei 58/2003, xeral tributaria. A recarga ordinaria de constrinximento será do 20 por 100 e será aplicable cando non concorran as circunstancias ás que se refiren os apartados 1 e 2 deste artigo. A recarga ordinaria de constrinximento é compatible cos xuros de mora. Coa recarga executiva e recarga reducida de constrinximento non se esixirán os xuros de mora deveñados dende o inicio do período executivo.
Ao abeiro do disposto no artigo 113 do Regulamento xeral de recadación, e de conformidade co regulado polo artigo 161.4 da Lei xeral tributaria, as custas que se xeren durante o procedemento de constrinximento serán esixidas ao obrigado ao pago.
Contra as liquidacións practicadas, poderá interpor o interesado, recurso de reposición ante a Alcaldía, anterior ao contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte a que teña efectividade a notificación conforme aos artigos 222 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.