Constituida a “Plataforma para a defensa do transporte público”

O Carballiño xa conta cunha “Plataforma para a defensa do transporte público” tras unha reunión na que participaron unhas 60 persoas, que representan a varios colectivos do tecido social e político da comarca. A convocatoria partiú das asociacións xuvenis Xuga e Asegal Desde este movemento cidadán esperan que co paso dos días cada vez haxa máis xente e prometen “traballar duro para conseguir o tratamento que esta rexión merece das distintas administracións no campo das comunicacións. No correo electrónico plataformamovilidade@gmail.com recollerá todo as propostas que chegan a eles para tratar de elaborar un plan de optimización do transporte público (en tren, autovía, escolar, intermunicipal.