O Concello de Ribadavia celebrará o seu magosto na Alameda.

O Concello celebraremos o tradicional magosto o vindeiro día de San Martiño, este xoves 11 de novembro ás 20h.

Este ano o concello recupera a tradicional festa do magosto que o ano pasado non puido celebrarse pola COVID. O día 11 de novembro, a partir das 20h as veciñas e veciños de Ribadavia poderan volver gozar da música tradicional e degustar as castañas na Alameda de Ribadavia

Así, desde o Concello temos organizada unha xornada na que haberá música, comida e bebidas para quen se achegue a gozar desta festa popular do outono.

Publicidade Premer na Imaxe

Animamos a toda a poboación a participar neste Magosto 2021.