O Centro Sociocomunitario oferta máis de 600 prazas en actividades físico deportivas ata maio de 2027

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro Sociocomunitario do Carballiño abre o vindeiro 1 de setembro o prazo de inscrición para as actividades físico deportivas correspondentes ao período comprendido entre os meses de outubro de 2026 e maio de 2027, ambos incluídos.

O programa está orientado preferentemente para persoas maiores de 75 anos, de xeito que a data do 1 de setembro estará destinado exclusivamente para a inscrición das persoas que teñan 75 anos cumpridos ou os cumpran ao longo do ano 2026. As inscricións poderán realizarse durante todo o día de 9,00 a 20,00 horas.

A partir do día 1 de setembro, realizaranse de maneira progresiva o resto de inscricións segundo o calendario establecido e no mesmo horario no que se desenvolve a actividade: se a actividade é de mañá, a inscrición terá lugar pola mañá, e se a actividade é de tarde, a inscrición realizarase pola tarde. Desta maneira, a fin de facilitar a compatibilidade entre o horario das inscricións e o das propias actividades.

ACTIVIDADES DE SAÚDE E BENESTAR

A dirección do Centro apunta que, como en edicións anteriores, as prazas serán asignadas por estrita orde de chegada, e lembra que cada persoa poderá realizar unha única anotación, e para anotar a outra persoa será necesario volver a gardar a quenda correspondente. Asemade, sa persoa que realiza a inscrición non ten que ser necesariamente a persoa que vaia participar na actividade. É suficiente con que dispoña dos datos básicos necesarios e complete a ficha de inscrición cando lle corresponda a quenda. O obxectivo destas normas é garantir un proceso de inscrición xusto, ordenado e igual para todas as persoas usuarias.

As persoas que non obteñan praza nas listas iniciais quedarán incorporadas a unha lista de espera. As inscricións permanecerán abertas ao longo de todo o ano e, sempre que se produzan baixas ou queden prazas libres nas diferentes actividades, contactaremos coas persoas que figuren na lista de espera para facilitar a súa incorporación.

Para o curso 2026-2027 ofértanse inicialmente 120 prazas en ximnasia; 130 en pilates; 50 en ‘body balance’; 35 en tai-chi; 85 en ioga; 24 en cachibol; 50 en zumba; 25 en aerobic latino; 50 en baile latino, e, finalmente, 60 en baile moderno.

Por outra banda, dende o Centro Sociocomunitario infórmase de que en breve se dará a coñecer un novo listado de actividades,(diferentes das físico-deportivas) así como as datas de inscrición.

Para consultar con detalle as normas de inscrición, horarios e prezos do copagamento, as persoas interesadas poderán dirixirse directamente ás instalacións do Centro, no número 37 da Avenida Julio Rodriguez Soto do Carballiño, ou facer a consulta nas canles oficiais de Instagram e Facebook

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------