O pasado 10 de marzo o concello do carballiño informou de que a Concellería de Medio Rural, que dirixe Rosa Fuentes estaba a tramitar ante patrimonio o traslado do Cruceiro do Torrón, que está en perigo de derrube polo dano sufrido tras o temporal de finais do decembro pasado
Entre estes trámites realizados figura un informe documentado que lle foi encargado pola concelleira ao historiador e presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado.
Rosa Fuente informounos que non hai acordo entre os veciños do Torrón e de Partovia sobre a ubicación nova do cruceiro. A concellería ten todo listo para o traslado unha vez que se tome unha decisión pero eles teñen unha recomendación, que se sitúe diante da explanada do cemiterio da igrexa:
VIDEO