Luis Menor participa na Fornada Tradicional de Niñodaguia, “un evento que nos reconecta coa tradición dos cacharreiros”

O presidente da Deputación, Luis Menor, asistiu hoxe á 4ª Fornada Tradicional de Niñodaguia, en Xunqueira de Espadanedo, lugar de fonda tradición alfareira que foi o auténtico motor económico da comarca e hoxe mantén un gran valor etnográfico. Luis Menor afirmou que a Deputación mantérá o apoio a esta iniciativa, con marcado carácter histórico, pois se trata “dun evento que nos reconecta coa tradición dos cacharreiros, auténticos mestres da alfarería en Galicia”.

Acompañado polo alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Blanco, e o polo presidente da Asociación de Amigos do Barro de Niñodaguia, Agustín Vázquez, o presidente escoitou as explicacións sobre a fornada e os antigos fornos primitivos que aínda se conservan, asistindo tamén aos preparativos, nos que participaron veciñas e veciños do concellos ataviados con vestimentas típicas do rural.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Fornada Tradicional rememora, a través dos 3 fornos comunais que se conservan en Niñodaguia, a forma de vida dos cacharreiros, recreando a música, a comida, a cocción das pezas, a vestimenta e incluso os bailes de principios do século XX.  Tamén haberá visitas guiadas ao Museo-Taller de Olería, un xantar cos callos como protagonistas e pola tarde culminará a xornada cun fiadeiro (xuntanza con música tradicional da época)