O primeiro ourensán en vacinarse contra á covid, Inocencio Corbal, recibiu hoxe a segunda dose

Inocencio Corbal, de 90 anos, e usuario da vivenda comunitaria San Marcos Cudeiro, recibiu hoxe a segunda dose da vacina de Pfizer. A primeira hora desta mañá os equipos sanitarios de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras comezaron ca segunda volta da campaña de vacinación na provincia, retomando a súa andaina polos centros de maiores e administrándoa tamén ós profesionais destas residencias.

Na Area Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, continuase coa vacinación do persoal sanitario de primeira liña nos hospitais. Onte, maioritariamente coa nova vacina de “Moderna”. 650 doses recibidas e 650 dispensadas. Como explica a xefa de Servizo de Medicina Preventiva, María Sande, é esencialmente o mesmo tipo de vacina que a de Pfizer.

AVANTAR ACTIVIDADES