Ourense repunta de novo con dez persoas ingresadas en coidados intensivos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 174 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.048, o que amosa estabilidade dado que so se incrementan unha vintena de casos. A presión asistencial presenta un descenso. Hoxe hai 44 (-2) persoas na UCI, e 174 (-11) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un leve repunte. Hoxe hai 13 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 10 contaxios, ata os 254 casos totais. Os hospitais presentan hoxe un incremento en coidados intensivos. Contamos con 19 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 10 (+1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES