Ningunha das probas PCR que se están a facer esta semana a raíz do foco de Beariz deron positivo en coronavirus

Continúa o rastreo no foco de contaxio de coronavirus que se iniciou en Beariz e que conta con catro positivos. Hai varias persoas postas en cuarentena preventiva e continuaronse a facer probas PCR pero polo de agora ningunha delas deu positivo nesta enfermidade.

Lembramos que este foco de contaxio se iniciou a través dunha familia que viñera de México a Beariz. Logo da proba positiva que se fixo á moza de Beariz cando foi a pasada semana ao CHUO por outra patoloxía, detectaronse dous contaxios mais na súa familia e un cuarto contaxio, un home do Carballiño, que tivo relación con esta familia ainda que non pertence a ela, tamén dera positivo. Atópanse todos sen síntomas de gravidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os Centros de Saúde de Beariz e o do Carballiño seguen a traballar en colaboración co servizo de epidemioloxía de Ourense no rastreo dos contactos desta familia para prescribir as probas PCR que sexan necesarias co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, e tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables nesta situación.