Galicia rexistra so 29 contaxios novos nas últimas 24 horas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade galega rexistra hoxe 29 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 741, preto de 200 casos menos nesta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe ascende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 13 (+1)  están en UCI e 43 (+7) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 7 contaxios novos e restando as altas, os casos totais chegan ata os 126 casos activos, 24 menos nesta fin de semana. Os hospitais hoxe presentan 3 (-2)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (+1)  na UCI.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO