Espazo Común de Piñor: urxencia adquisición de máscaras de protección contra o COVID-19

Recibido o seu escrito respondendo á petición que lle fixeramos hai xa unha semana para que
dende o concello se comprasen e repartisen entre os residentes máscaras de protección fronte ó COVID-19, dende o grupo municipal de Espazo Común comunicámoslle o seguinte.
• Sen dúbida compartimos o interese en salvagardar a saúde da nosa veciñanza, para o
grupo de Espazo Común é algo prioritario.
• Tanto é así que preocupados polo que nos di no seu escrito de que é “practicamente
imposible o suministro de mascarillas neste momento” puxémonos a facer xestións e
contactamos con varios alcaldes (mesmo da nosa comarca) que mercaron máscaras e as
repartiron entre os seus habitantes. Non nos relatan imposibilidade algunha para efectuar
a compra, quizais unha lixeira demora para recibir o encargo pero nada máis. Tamén lle
preguntamos polos prezos, que segundo nos dixeron van entre os 0,60€ e 1,60€, bastante
lonxe dos 4,85€ que vostede nos indicaba como presuposto medio.
• Así pois insistímoslle na importancia e na urxencia de que proceda á adquisición das
máscaras de protección fronte o COVID-19 e as reparta entre a toda a poboación sen máis
demoras. Non nos conformamos co que nos di no seu escrito de que o fará “no momento
que nos sexa posible” pois se en outros concellos está sendo posible no noso tamén pode
selo. Reiterámoslle a importancia das máscaras de protección, que xunto coas medidas de
hixiene e o distanciamento social son imprescindibles para evitar a propagación da
infección causada polo coronavirus. Sería, sen dúbida algunha, a inversión máis
importante que pode facer o Concello de Piñor: a saúde das nosas xentes.