A Deputación de Ourense destina 1,7 millones de euros a axudas sociais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense reforza a súa estratexia fronte ao coronavirus cunha batería de medidas de acción social destinadas a familias, entidades sen ánimo de lucro, comercio, colectivos máis desfavorecidos, teleasistencia e apoio social aos concellos da provincia, para o que destinará un orzamento de 1,7 millóns de euros, procedentes do remanente de tesouraría, froito da excelencia na xestión económica que leva a cabo na institución provincial.

Trátase de seis liñas de axudas. As máis importantes, para as que se destinan 450.000 para cada unha son: a Acción social. Prestación de servizos COVID-19 para a adquisición de material sanitario e a súa distribución gratuíta urxente, e unha segunda liña denominada Benourense ComerciOU, un programa exprés de axudas económicas para persoas que residan en concellos de menos de 20.000 habitantes e pertenzan a colectivos especialmente vulnerables na actual situación de estado de alama. O obxectivo desta iniciativa é ser un programa exprés-ponte ata que as persoas vulnerables reciban as axudas doutras administracións para gastos en comercio de proximidade. Para acceder a estas axudas deberán cubrir un formulario en liña desde o móbil, solicitude que debe ser validada por un traballador social ou dunha ONG (Cruz Vermella, Cáritas….), e seguidamente envíase ao domicilio da persoa un cartón coa que poderá utilizar até un máximo de diñeiro mensual durante un período limitado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Outras das importantes iniciativas da Deputación neste ámbito é a acción social de axudas a familias e institucións sen ánimo de lucro, para a cal destina un orzamento de 300.000 euros, e tamén outra partida de 250.000 euros para cooperación cos concellos no relativo ao Servizo de Axuda no Fogar. Ademais, a Deputación de Ourense impulsará unha inxección económica de 150.000 euros para prestación de servizos de teleasistencia na provincia e 150.000 euros máis para desenvolver o programa ?Benourense Veciñ@s, unha iniciativa que ten como obxectivo financiar aos concellos para sufragar até un máximo do 50% das contías que destinarán durante o estado de alarma a cubrir as necesidades dos veciños, que vaian desenvolver durante 2020; comprende iniciativas de servizos colectivos ou de cofinanciación de servizos individuais (como comida a domicilio, entre outras).

A cifra total deste expediente de carácter excepcional de modificación de créditos do orzamento do exercicio 2020, mediante suplementos de crédito e créditos extraordinarios polas consecuencias sociais e medidas urxentes xurdidas polo COVID-19 ascende a 1.700.000 euros, medida que será aprobada no próximo pleno da corporación provincial que con carácter extraordinario celebrarase o próximo 29 de abril, no que se gardará un minuto de silencio polas vítimas do coronavirus.

?Alianza social coa poboación?

Así o informou onte o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na Xunta de Goberno celebrada para analizar estas e outras cuestións da xestión provincial, centradas principalmente nas consecuencias da pandemia e na estratexia de sanitaria, social e económica que está a desenvolver o goberno provincial para facer fronte á crise do COVID-19. Baltar valora que esta serie de medida sociais, que serán aprobadas no pleno, supoñen unha inxección económica importante para enfrontar a emerxencia social que vivimos a causa do coronavirus na provincia de Ourense. Son medidas coas que pretendemos cooperar coas familias, o pequeno comercio, os concellos e as persoas máis desfavorecidas e vulnerables, a quen a crise sanitaria está a golpear con especial virulencia, e fronte ao cal o goberno provincial está a actuar para xestionar con planificación e eficacia os fondos públicos. Esta alianza social coa poboación de Ourense é a nosa prioridade, expresa o presidente Baltar.

Xunto a estas medidas, a Deputación de Ourense anunciou que dará soporte ao teletrabajo dos servizos sociais municipais que o requiran sobre os programas sociais de ámbito provincial. Neste sentido, Manuel Baltar sinala que debido ao estado de alarma os servizos sociais municipais enfróntanse a múltiples problemáticas, especialmente nos concellos de menor tamaño, e a Deputación quere cooperar para que a xestión dos servizos sociais sexa de máxima eficacia, afirma o presidente, quen comunica a todos os alcaldes da provincia o ofrecemento por parte da institución provincial para colaborar neste tema.

Outro dos servizos que puxo en marcha a Deputación de Ourense é o de Teleasistencia 900, unha modalidade extraordinaria e temporal que ten como finalidade facilitar o acceso -de forma preferente a maiores que vivan sós- a un servizo de teleasistencia exprés cos menores trámites administrativos posibles, observando na súa xestión todas as medidas de protección e seguridade recomendados polas autoridades sanitarias, evitando desprazamentos das persoas solicitantes (ir ao médico a solicitar informes, visitar persoalmente aos traballadores sociais para pedir o servizo, etc.), e evitando igualmente o acceso aos domicilios dos beneficiarios dos instaladores de dispositivos de teleasistencia