Manuel Baltar: “unha vez máis queda acreditado con documentos oficiais a covardía e a traizón de Villarino”

Rolda de prensa do presidente do PPOU, Manuel Baltar. O presidente do Partido Popular de Ourense ofrecerá unha rolda de prensa na sede provincial para tratar temas de actualidade.

Trala resolución da Xunta Electoral que identifica ao PSOE como o partido que colocou un valo publicitario electoral anónimo contra os representantes do Concello de Ourense, a Deputación e á Xunta

  • O presidente provincial destacou que este é un caso único en España, “que non fai ninguén, nin sequera  Bildu, polo que debe destarrarse da política a persoas como Villarino, un cargo público desprezable, miserable, vil, un representante indigno dos ourensáns e que se está quedando só”, alusión ás baixas de concelleiros socialistas pola actitude do seu secretario provincial “en contra dos autónomos, das pemes das familias e en definitiva de Ourense”.
  • Ninguén pode apoia
  • r unha campaña deste tipo, engadiu, “e por iso o seu propio partido apártao dos actos importantes, deixándolle en Ourense en lugar de acompañar a Caballero, ou ninguén, nin sequera Sánchez, saúdalle nas súas intervencións durante o mitin celebrado no  Posío, nin a el nin ao subdelegado”.

Baltar anunciou un recurso ante a xunta electoral no que se exporán de novo os argumentos expostos na denuncia, para que se consideren estes actos como delito electoral, sen descartar outras accións xudiciais pola vía penal

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, deu a coñecer hoxe a acta da Xunta Electoral de Zona de Ourense que confirma a contratación, por parte do PSdeG-PSOE de Ourense, dun valo publicitario electoral anónimo instalado na cidade e “no que utilizando recursos públicos carga contra representantes de institucións públicas de Ourense e Galicia elixidos democraticamente”. A resolución, que require ao PSOE “que se absteña no futuro de reiterar a devandita conduta”, sinala directamente ao máximo dirixente socialista en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, “ao que unha vez máis os documentos oficiais acreditan a covardía e a traizón que resumen a súa traxectoria política e persoal”, subliñou Baltar.

Lembrou o presidente dos populares ourensáns que o pasado 28 de xuño presentouse ante a xunta electoral unha denuncia polo citado valo anónimo, solicitando que se informase sobre quen contratara este servizo. Onte martes, ás sete da tarde, a xunta electoral enviou ao PP copia da acta na que se recoñece dita valo fora contratado polo PSOE.

“Os documentos oficiais cazaron de novo a Villarino, que tira a pedra e esconde a man, o mesmo que anunciou que non acudiría ao debate do estado da provincia diante dun valo de similares características, o mesmo que se abstivo de apoiar as axudas a autónomos e pemes das Deputación, que  instigou xunto co subdelegado do Goberno un boicot a esas axudas, que votou en contra da Comisión Ourense futuro e dunha moción, idéntica á probada pola FEMP, na que se esixía ao Goberno central que garantise a liquidez dos  concellos”.

Manuel Baltar quixo subliñar que en ningún modo “isto é un ataque ao partido socialista”. É máis, dixo, “lamento que teña esta dirección porque creo que ninguén no seu partido aprobará esta forma de actuar e se non que llo pregunten a Caballero, a Sánchez ou a Carmen Calvo que onte no Barco nin pronunciou a palabra Ourense”. Ninguén pode apoiar unha campaña deste tipo, engadiu, “e por iso o seu propio partido apártao dos actos importantes, deixándolle en Ourense en lugar de acompañar a Caballero, ou ninguén, nin sequera Sánchez, saúdalle nas súas intervencións durante o mitin celebrado no  Posío, nin a el nin ao subdelegado”.

Baltar destacou que este é un caso único en España, “que non fai ninguén, nin sequera  Bildu, polo que debe  destarrarse da política a persoas como Villarino, un cargo público desprezable, miserable,  vil, un representante indigno dos ourensáns e que se está quedando só”, alusión esta última aos concelleiros socialistas de Castrelo de Miño, que anunciaron a súa baixa do partido pola actitude do seu secretario provincial “en contra dos autónomos, das pemes das familias e en definitiva de Ourense, e seguro que aínda haberá máis pasadas as eleccións”.

Manuel Baltar insistiu en que os feitos agora denunciados, a propaganda electoral anónima, están especialmente tipificados e penados, con prisión de tres meses a un ano ou multa de 6 a 24 meses para quen infrinxa as normas legais en materia de carteis electorais. Por esta razón, anunciou un recurso ante a xunta electoral no que se exporán de novo os argumentos expostos na denuncia para que se consideren estes actos como delito electoral, sen descartar outras accións xudiciais pola vía penal.