O Carballiño volve a repuntar hoxe, subindo ata os 301 contaxios activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe hoxe 4 casos, ata un total de 301. Maside baixa un caso ata os 41. San Cristovo de Cea sobe ós 42 casos. Punxín baixa ós 29 casos. O Irixo e Boborás contan con 21 casos cada un deles. Beariz conta con 16 casos e San Amaro con 15. Piñor conta con 7 casos.

Ribadavia sobe cinco casos ata os 96 contaxios. Avión sobe un caso ata os 80 casos activos, despois do repunte rexistrado onte. Todos os demais concellos presentan menos de 40 casos activos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 4.811 contaxios. O número de casos activos ascenden hoxe ata os 62.141. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 41 (-3) están en UCI e 627 (-10) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 457 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 6.028. En canto á presión hospitalaria, contamos con 96 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (-1)  na UCI.