O PSOE de Leiro recolle firmas en defensa da atención primaria sanitaria

A agrupación socialista de Leiro iniciou unha recaudación de firmas na coñecida plataforma change.org na que reclaman unha atención primaria de calidade. A petición vai dirixida á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade, pedindo que se cubran as ausencias de médicos e enfermeiros todos os días da semana, ante posibles baixas ou calquera tipo de problema.

Cren que nunha sociedade tan avellentada como o rural galego é preciso máis que nunca dunha atención boa e constante do servizo de saúde.

AVANTAR ACTIVIDADES