As compañías galegas ocuparán o 70% da carteleira da edición da MIT deste verán que presentou hoxe a súa programación nunha rolda de prensa no conxunto monumental de Santo Domingo, en Ribadavia

Asistiron ao acto o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o subdelegado do Goberno de Ourense, Emilio González; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da AGADIC – Xunta de Galicia, Jacobo Sutil; o director da MIT, Roberto Pascual., e os representantes do resto das entidades implicadas na mostra.

Aperturou o acto o alcalde César Fdez., que asegurou que celebrar a MIT este ano foi unha decisión complexa por parte do concello e da organización.

Sutil fixo fincapé no esforzo organizativo por manter a edición deste ano, cun gran protagonismo das compañías galegas, que supoñen o 70% desta carteleira.

Dentro das propostas galegas, a carteleira deste ano concede unha especial atención á danza e á narración oral.

Marta Pazos recibirá o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño.

Entre as estreas destaca a presentación en Galicia do premiado espectáculo Rebota, rebota y en tu cara explota, de Agnés Mateus e Quim Tarrida,

Tamén vaise a estrear a montaxe de Teatro en Vilo Hoy puede ser mi gran noche, así como de Melancoholemia, coprodución da MIT con Antón Reixa.

Os abonos para a 36ª MIT de Ribadavia están a venda dende hoxe tanto na Casa da Cultura como na sede do festival, mentres que as entradas soltas poderán adquirirse a partir do 6 de xullo na web ataquilla.com e na oficina da MIT.