San Cristovo honra á Virxe da Saleta cun programa relixioso e cultural

Dende toda esta semana, comezou a honra á Virxe da Saleta ca celebración da súa Novena, con misa todos os días ás 20:00 horas.

A Comisión de Festas da Saleta achéganos as actividades programadas para os próximos días. O venres terá lugar o concerto de Soul & Roll ás 23:00 horas na Praza Maior, dentro do ciclo Cultura no Camiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto ó sábado 25, a xornada contará, dende as 17:00 horas co evento “Pan de Festa”, na Praza Maior de Cea, que consiste na degustación de produtos galegos de calidade. A mesma hora, espectáculo de Máxia co Mago Albert e a Charanga CLK. Seguidamente, actuará o grupo de música tradicional Feitizo de Pau.

E xa ás 20:00 horas, bendición e ofrenda floral ao monumento na honra da Virxe da Saleta. Eucaristía e Novena presidida por Monseñor J. Leonardo Lemos, Obispo de Ourense. E para pechar a cornada, concerto do Dúo Acherizados, na Praza Maior de Cea.


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV