O Psdg-Psoe de Ourense lembra os retornados de Alemania que para a declaración da renda2019 precisan o certificado da seguridade social alemá

O secretario de emigración dos socialistas ourensáns, Luís Gulín, informa que esta medida é de obrigado cumprimento para os retornados que “só cobran exclusivamente a pensión de Alemania”
O modelo en alemán está a disposición dos interesados nesta secretaria provincial de emigración e se pode solicitar o correo cp-ourense@psdeg-psoe.org
Ourense, 17 de abril de 2020. A secretaria provincial de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense lembra, a través do seu secretario, Luís Gulín, que os emigrantes retornados de Alemania e que cobran só e exclusivamente pensión de ese país, e ningunha de España, que para a declaración da renda 2019 en España teñen a obriga de presentar o certificado da Seguridade Social de Alemania, o coñecido como DEUTSCHE RENTEVERSICHERUNG.

“Nese documento especificarase o que realmente cobran en pensión bruta e o que se queda Alemania da pensión para o seguro médico e seguro de dependenza”, explica Gulín, que subliña tamén que “non vale o simple certificado do banco co realmente cobrado e ingresado na conta bancaria, dado que hai unha diferenza realmente grande, nuns casos unha media de 1500 euros anuales, que a Axencia Tributaria de España reclamará a posteriori”.
O secretario de emigración apunta tamén que non obstante hai unha sentenza do mes de xullo do ano 2019 do TSJ de Galicia que sentenciou contra a Axencia Tributaria de España e no que se recolle que que “eses gastos que se queda Alemania da pensión son gastos deducibles na declaración da renda de España”. Cabe lembrar tamén que dende o PSdG PSOE de Ourense, os parlamentarios no Congreso e Senado xa fixeron xestións ante o Ministerio de Facenda para arranxar esta situación.
Os retornados deben solicitar o certificado solo por correo electrónico a post@drv-rheinland.de, indicando nome e apelidos, o número da Seguridade Social de Alemaña e a petición de enviar o certificado de ingresos do ano 2019. Enviarase a dirección postal que consta en Alemaña do asegurado. Para axilizar o trámite e preferible facelo en alemán.

AVANTAR ACTIVIDADES

“O modelo en alemán está a disposición dos interesados nesta secretaria provincial de emigración e se pode solicitar o correo cp-ourense@psdeg-psoe.org”, finaliza Luís Gulín.