O Partido Popular insta ó concello a cubrir a pista deportiva da Praza do Emigrante

IES CHAMOSO LAMAS

O Partido Popular recorda que a Pista Roxa naceu cunha intención de espazo deportivo pero que foi sendo utilizada en multitude de ocasións para diversas actividades de todo índole como musicais, artísticas, comerciais, restauración, etc.
A formación asegura que se podía dar un uso moito maior se estivese cuberta, ata a zona de gradas incluída.
Esta cuberta, afirman, daríalle un valor engadido á actual facéndoa moi atractiva e moito máis práctica, axudando a unha mellor conservación do pavimento, e aforrando o aluguer de carpas ou casetas durante períodos do ano, pois incluso podería ter un sistema de anclaxe de lonas entre os seus propios pilares que podería pechar o espazo se fose preciso.

Por este motivo piden ó concello que se pida un presuposto e se execute este proxecto.

OZOCOgz Deseño Galego