O concello de Maside ven de adquirir un lote de 1000 mascarillas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Maside ven de adquirir un lote de 1.000 mascarillas que se unen ás xa adquiridas a semana pasada (outras 1.500 unidades). Un total de 2.500 unidades que se sumarán ás mascarillas solidarias que dende o Concello se estiveron a repartir por todo o concello ós colectivos de risco.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O obxectivo desta compra é dotar á toda a veciñanza con este material de protección. Este material será repartido polo concello nos propios domicilios dos veciños de maneira ordenada, por parroquias e comezando por aquelas persoas máis vulnerables.

O Concello rógalle a tódolos seus veciños que manteñan as medidas de protección indicadas polas autoridades sanitarias en todo momento e se absteñan de saír as rúas, facendo os menos traslados posibles e mantendo sempre a distancia social.