Nestes difíciles tempos de pandemia nos que, ademais das consecuencias sanitarias por todos coñecidas, existen outras importantes de tipo social derivadas desta situación que están afectando a moitas familias dos nosos concellos. Agora é cando a solidariedade é máis importante para poder axudar a paliar as necesidades deses sectores da poboación máis desfavorecidos que se ven impotentes diante deste drama e que sofren día a día nas súas propias vidas.

O Grupo Cer&Ber, consciente desta problemática social, quere aportar a súa modesta axuda á veciñanza máis necesitada colaborando, na medida das súas posibilidades, coa entrega de lotes de alimentos básicos e de produtos hixiénicos para intentar axudar nestes días difíciles e sumarse, así, coa súa contribución e compromiso ós esforzos de cooperación que outras entidades están levando a cabo ó longo destas semanas.


