Traballadores e residentes do Asilo de Ribadavia dan negativo nas probas de coronavirus

IES CHAMOSO LAMAS

TODOS OS TRABALLADORES E RESIDENTES DA RESIDENCIA NOSA SENORA DOS ANXOS DE RIBADAVIA DERON NEGATIVO NA PROBA DO CORONAVIRUS

Xa están os resultados das mostras PCR de todos os traballadores e residentes que foron realizadas o pasado venres e deron como resultado en todos, negativo. Dende a dirección da residencia aseguran que seguirán esforzándose en facer ben as cousas e extremar as medidas de protección dos seus maiores. Nesta residencia houbo dous casos de coronavirus entre o persoal pero afirman dende o centro que polo tempo transcorrido, polas probas realizadas e polas circunstancias de cada un, queda demostrado que non transmitiron o virus a ninguén dos compañeiros nin dos usuarios. Din que o único caso de contaxio dun usuario foi no hospital. Na residencia estivo illado todo o tempo dende a alta hospitalaria. Informan de que en canto se detectaron síntomas foi derivado de novo ao hospital e quedou ingresado e que en todo momento se aplicaron os protocolos indicados polas autoridades.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

VIDEO