O concello reformará o acceso á área termal do Bañiño

O concello do Carballiño está executando nestes días o cambio do sistema de abastecemento de augas e pavimentación en diversas zonas da parroquia de Arcos. Estas melloras foron adxudicadas á empresa Asfagal, cun presuposto de 22.000 euros. A duración desta obras, iniciadas a pasada semana, durarán apenas un par de semanas máis.

A zona de Arcos xa sufriu varias reformas en meses anteriores, unidas cas que se realizaron nas rúas colídante do Pico Seco, do Volante, da Pena Grande e de Beariz. Dentro do plan de mellora de accesibilidade ós recursos termais, impulsado pola Deputación provincial e o concello do Carballiño, tamén está previsto acondicionar o acceso ó Bañiño de Arcos.

AVANTAR ACTIVIDADES