Xa son 35 as residencias de Ourense libres de contaxio

XA SON TRINTA E CINCO AS RESIDENCIAS DE OURENSE LIBRES DE CONTAXIOS, VARIAS DELAS NA NOSA CONTORNA

Publicidade

O persoal do Sergas continúa realizando probas a todos os residentes e traballadores de todas as residencias da provincia.

Os once equipos de recollida de mostras de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras xa levan analizadas 62 residencias públicas e privadas.

Das 62 residencias onde se tomaron mostras ao conxunto de residentes e traballadores, de 51 delas xa hai resultados, e entre esas 51 residencias, 35 resultaron libres ao 100% de contaxios.

Entres estas residencia de contaxio cero hai varias da nosa contorna: a de Alvetus, en Avión; Querqus, Leiro e Ntra. Sra. dos Anxos, Ribadavia;. Ainda estamos a espera dos resultados das probas no Asilo de Anciáns do Carballiño que se fixeron esta fin de semana.

VIDEO

Tras mais de dúas semanas de intenso traballo continuado, por parte dos once equipos de recollida de mostras para diagnóstico, existentes na Área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, xa son 62 as residencias onde se lles tomaron mostras ao conxunto de residentes e traballadores, das que, cos resultados dispoñibles  a día de hoxe (de 51 delas) trina e cinco resultaron libres ao 100% de contaxios.

As 35 residencias con cero casos positivos entre os seus traballadores e residentes, no momento do cribado, son as de Alvetus, en Avión; Residencia Santa Marta, Ourense; Domusvi Pereiro; Santa Cruz, Santa Cruz de Arrabaldo; Residencia Ramirás; Santa María, Ourense; Dumusvi Barbadás; Residencias Los Olivos, A Peroxa; Residencia Natividad de Santa María, Vilamartín de Valdeorras; Domusvi Ourense; Residencia Os Pinos, A Rúa; Residencia Viana do Bolo; Residencia Los Milagros, Vilamartín de Valdeorras; Querqus, Leiro; Val de Monterrei, Monterrei; Nosa Sra. Do Socorro, Arnoia; Fogar de Santa María, Verín; Nuestra Señora de Fátima, A Rúa; Residencia de O Bolo; Residencia A Veiga; Domusvi Larouco; Residencia Esgos; Residencia Gabino García Fernández, Manzaneda; O Lecer dos Avoiños, Coles; Luces do Sil, Parada do Sil; Chandrexa de Queixa; Residencia da Terceira Idade de Trives; San Martiño de Luíntra; Porqueira; Nuestra Señora dos Miragres, Barbadás; Ntra. Sra. dos Anxos, Ribadavia; Virxe da Clamadoira, Muiños; Ntra. Sra. das Neves, Maceda; San Pedro, A Merca; e Ntra. Dra. De la Salud, A Peroxa.

As residencias visitadas, ata este intre, son algunhas das de maior número de residentes, polo que agárdase concluir con esta iniciativa de prevención este mesmo mes de abril, unha vez se recollan as mostras para a realización das probas de PCR das restantes.

Neste intre, o total de residencias con actividade en Ourense, son 98, das 101 rexistradas en toda a provincia, xa que tres delas están pechadas na actualidade.

Para a realización desta proba diagnóstica (PCR) nun volume de poboación destas dimensións, 7.075 persoas, delas 4.475 residentes e e 2.600 traballadores, os equipos traballan tódolos días da semana en xornada de mañá e tarde. Sen esquecer, que se continúan a facer as precisas no conxunto da cidadanía, especialmente de persoal sanitario e pacientes ingresados, que agora compleméntanse co test rápido bibanda de anticorpos.

Desde que comenzaron a agromar os casos de coronavirus, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras comezou a realizar probas diagnósticas nas residencias, neste caso PCR, siglas en inglés de ‘Reacción en Cadea da Polimerasa’, é unha proba de diagnóstico que permite detectar un fragmento do material xenético dun patóxeno ou microorganismo, como neste caso o virus SARS-CoV-2 que produce a enfermidade COVID-19.

A PCR, é de uso común nos laboratorios de Microbioloxía de hospitais para medir a carga viral de distintas patoloxías (VIH, varicela, sarampelo, etc.) baséase nas características de estabilidade á calor dunha encima polimerasa. Mediante esta técnica localízase e amplificase un fragmento de material xenético, que no caso do coronavirus é unha molécula de ARN. Así, se tras a análise dunha mostra respiratoria dunha persoa sospeitosa de estar infectada, a proba detecta ARN do virus, o resultado é positivo e confírmase que está infectada polo SARS- CoV-2.

A PCR presenta alto grao de complexidade, e necesita persoal adestrado e preparado para a súa realización, ademais dun equipamento específico, que non se pode improvisar pese a alta demanda actual polo que desde aquí a Dirección da Área Sanitaria desexa agradecer o importantísimo esforzo que o persoal do Laboratorio de Microbioloxía de Ourense esta a realizar estes días de xeito continuado.