Alumnos do IES Chamoso Lamas visitan o castro de Santa Mariña, en Maside

Onte luns os alumnos de 1º de ESO do IES Chamoso Lamas visitaron a escavación arqueolóxica do castro de Santa Mariña, no concello de Maside. A visita foi guiada polo arqueólogo Andrés Rodríguez Sobrino, do colectivo Arqueolladas, que dirixe os traballos de  escavación. Os alumnos puideron coñecer sobre o terreo o traballo dos arqueólogos, xa que a visita se realizou mentres estes estaban a traballar no desenterramento de diferentes estruturas atopadas na prospección. Tamén puideron conversar co equipo acerca das diferentes interpretacións que se lle poden dar aos restos, que a medida que van aparecendo confirman a importancia deste emprazamento, un dos máis salientables da comarca. 

Publicidade