A Policía Local denuncia ao Banco Santander

A POLICÍA LOCAL DENUNCIA AO BANCO SANTANDER POLO PERIGO DE CONTAXIO QUE HAI NAS LONGAS COLAS QUE FAN OS CLIENTES AGARDANDO A SER ATENDIDOS

Hai días que xa informabamos nos desta problemática. E no concello de Ribadavia a Policía Local xa presentou a principios deste mes ante a Subdelegación do Goberno a denuncia ao Banco Santander pola mesma situación que ocorre no Carballiño.

As queixas dos clientes son numerosas. Únicamente hai unha oficina aberta e só atende presencialmente aos clientes os luns e os xoves entre as 8:30 e as 14:30. As colas chegan algún días ata o parque da Alameda, dende a Praza dos Irmáns Prieto onde está esta sucursal.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello do Carballiño entablou conversacións co Banco para solucionar esta situación pero ao non haber cambios, finalmente a Policía Local denunciou a entidade bancaria polo perigo para a saúde pública que supón que haxa tanta xente, moita dela de avanzada idade, agardando tanto tempo e sen poder gardar adecuadamente as medidas necesarias para evitar posibles contaxios de coronavirus.

VIDEO