As bibliotecas, a pesar de estar pechadas non paran a súa actividade

Son varios os concellos que puxeron en marcha un servizo de préstamos de libros a través da entraga no domicilio dos veciños solicitantes como Leiro (chamando o 988 48 83 73 martes e xoves de once da maña as 12,30 horas) e Beariz (chamando o 647.173.820 ou chamando o propio concello).

A Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, a que pertence a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia realizaron un vídeo co que conmemoran o día Internacional do Libro, que se celebra hoxe, nun momento no que están a traballar dun xeito diferente.
Aínda que non están abertas ao público os responsables das bibliotecas municipais seguen a traballar de xeito colaborativo para fomentar a lectura entre a cidadanía de todas as idades.

AVANTAR ACTIVIDADES
 
As bibliotecas municipais puxeron en marcha a iniciativa #HoraDoConto, coa que cada día, ás 17.00 horas de luns a venres e dende as redes sociais de cada concello, recomendan a lectura dun conto.

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ELABOROU UN VIDEO CUN CONTO SOBRE A MASCOTA DA SECCIÓN INFANTIL “O POLBIÑO MARTIÑO” CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, O 23 DE ABRIL, E COMO COMPLEMENTO DUNHA UNIDADE DIDÁCTICA DO CPI TERRAS DE MASIDE

Con motivo da celebración o 23 de abril do día Internacional do Libro, así como dunha proposta do profesorado do CPI Terras de Maside, a Biblioteca Pública Municipal elaborou un video cun conto promocional da mascota da sección infantil da biblioteca “O Polbiño Martiño”.

Este vídeo, que poderá verse na web do CPI Terras de Maside, así como no facebook da biblioteca municipal, a partir do 23 d abril, complementa unha unidade didáctica deste centro educativo de Maside, que celebrou o entroido pasado coa temática da Festa do Pulpo do Carballiño.

VIDEO