Espazo Común: O Pleno non pode demorarse máis

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A CONVOCATORIA DUN PLENO PARA RESOLVER AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS E ARRANXAR O ORZAMENTO MUNICIPAL NON PODE DEMORARSE MÁIS

Ante a falla de iniciativa do goberno, propomos a súa celebración só coa asistencia do alcalde e os voceiros  dos grupos e o voto telemático do resto de concelleiros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xa van alá case dous meses dende a aprobación inicial do Orzamento Municipal para o 2020 do Concello do Carballiño. Sen embargo, a ausencia da convocatoria dun novo pleno impide a súa aprobación definitiva.

Resulta aínda máis evidente no contexto actual ca no momento daquel trámite a necesidade de modificar sustancialmente a proposta realizada e defendida polo alcalde Francisco José Fumega.

Xa no seu día definímola coma “nociva para o futuro do Carballiño” e baseada sobre todo “no amiguismo e a pandeireta”. Moi alonxada da defensa dos intereses reais e das necesidades do pobo. O tempo ven a darnos a razón.

Adicar 230.000 € para festexos e só 6.200 € para apoiar ao comercio, é un claro exemplo do desequilibrio dunhas contas que hai que refacer case por completo.

Con ese propósito, dende Espazo Común, presentamos, o día 6 de marzo, 35 alegacións destinadas a un axuste orzamentario imprescindible e urxente. Temos coñecemento tamén de que BNG e Podemos tamén rexistraron enmendas ás contas.

O seguinte chanzo é a convocatoria dun pleno para resolvelas e mellorar así notoriamento o insostible proxecto inicial. Urxe acometer esta tarefa pois o que precisan agora mesmo familias, autónomos e pequenas empresas son certezas e seguridade, non xestos de cara á galería baleiros de contido real.

Ante a falla de iniciativa do goberno municipal, propomos a celebración dun pleno o máis axiña posible só coa asistencia do alcalde e dos voceiros de cada grupo, e, de ser o caso, de propoñentes de alegacións que non formen parte da corporación, habilitando o voto telemático para o resto de concelleiros.