PP e DO bloquean a creación dunha comisión de investigación sobre as residencias de maiores en Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

O grupo de goberno formado por PP e DO bloquean a creación dunha comisión de investigación para analizar a situación e o acontecido nas residencias de maiores de Ourense durante o estado de alarma e marcar así un modelo a seguir para a renovación do modelo de política social galega.

A moción desestimouse con 13 votos en contra dos populares e os de Jácome e 12 votos a favor (PSdeG-PSOE, BNG y C´s). Pese a que o voceiro socialista, Rafa Villarino, apelou na súa primeira intervención a que se aprobase por “unanimidade” dado que “as familias tampouco entenderían que se fixese de outro modo”.

HIPER MASIDE

O voceiro salientou a “necesidade” desta moción e a “dificultade de falar de números cando se trata de falar de vidas”. Villarino destacou a “necesidade de investigar e mudar un modelo privatizador que ten que cambiar e que se desvelou a súa precariedade coa crise provocada pola COVID-19” e que provocou que o “50% dos finados en Galicia fose en residencias de maiores”, especialmente, en residencias privadas. Unhas mortes que non foron “casualidade” senón que corresponden ao modelo de política social da Xunta. O socialista recorda que, en Ourense, o “100% dos centros residenciais corresponden a este modelo privado” dado que non hai ningunha máis que o anuncio da que construirá Amancio Ortega e que “dende o seo socialista desexan que a súa xestión sexa pública”