Ribadavia aproba en pleno o aumento, ata os 160.000 euros as axudas a autonomos pemes e persoas vulnerables para axudar a paliar a crise do coronavirus

O pleno aprobou todos os puntos da orde do día agás a moción que presentaba Ribeiro En Común solicitando a remunicipalización do servizo de recadación municipal.
O mais destacado foi a aprobación de dúas modificacións de crédito coas que, como solicitaban os partidos da oposición, se ampliou a partida para axudas a pemes, autónomos e persoas vulnerables, dos 100.000€ aos 160.000€. Deste importe, 120.000€ destinaranse a axudas a autónomos e pemes, 30.000€ serán para emerxencia social e 10.000€ investiranse en mercar equipos de protección (EPIs) e probas de anticorpos de Covid19 ou PCR que sexan necesarias.

Publicidade