Hoxe, 15 de setembro, os alumnos de secundaria e bacharelato voltan ás aulas, nun ano que se presenta xa máis estable entre a vacinación e as medidas xa implantadas o pasado ano. No IES nº1 a presentación do novo curso foi de xeito escalonado, hoxe para 1º, 2º e 3º da ESO e mañá será a quenda de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. Ademais, as entradas tamén se fan dende os diferentes acceso para evitar aglomeracións.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
As previsións para este curso son moito máis esperanzadoras ca no curso pasado, onde voltar ás aulas cunha pandemia activa xerou moita incertidume. Dende o centro fálannos de como se viviu o confinamento e a volta presencial, tanto para profesores coma para os alumnos.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















