A Mostra de Teatro Amador amplía o plazo de presentación de obras ata o 15 de xuño

O pasado luns, o equipo de organización da Mostra de Teatro Amador mantivo unha xuntanza en relación á súa edición deste ano. Vendo a situación actual que están a padecer os grupos de teatro amador por mor da covid, acordaron ampliar o prazo de entrega dos traballos que formarán parte da XIV edición ata o 15 de xuño. Dende a organización recoñecen que moitos dos participantes non puideron gravar as obras, non puideron acceder a locais aptos para os ensaios e todo o proceso de creación foise atrasando, por iste motivo toman esta decisión.

Publicidade